31/07/2026
🌿 Este domingo vémonos na Romaría de Exipto!
Estaremos o domingo pola mañá en Abanqueiro, cun pequeno espazo de Orixe Salgada para que poidades coñecer de preto o que facemos, descubrir como traballamos coas algas e preguntar todo o que queirades sobre os nosos produtos e proxectos.
Así que, se vos achegades á romaría, pasade a saudarnos e coñecernos! 🌱💚
Vémonos en Exipto! 👋
📢Xa está aquí o cartel definitivo da Romaría de Exipto 2026!
Tres días cheos de boa música, tradición, gastronomía e unha programación pensada para que todo o mundo atope o seu momento: para os máis pequenos, para a mocidade, para as familias, para quen vén pola música, pola misa, polo polbo… ou simplemente por pasar un bo día en Exipto.
Porque a Romaría é de todas e de todos.
Agora só falta o máis importante: que veñades. Traede á familia, aos amigos e a quen aínda non coñeza a nosa Romaría. Estamos desexando vervos en Exipto e vivir, un ano máis, unha fin de semana inesquecible.
📅 31 de xullo, 1 e 2 de agosto
📍 Monte de Exipto · Abanqueiro
Vémonos na Romaría! 💚