CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña

CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña Centro de Investigación en TIC (CITIC) impulsado por la Universidade da Coruña.

El CITIC es un centro de investigación que potencia el avance y la excelencia en I+D+i aplicada a las TIC. Impulsado por la Universidade da Coruña, el CITIC es un punto de encuentro entre la Universidad y la empresa en el que confluyen departamentos de I+D de empresas del sector TIC con investigadores procedentes del ámbito universitario. Los principales objetivos del Centro son:
- Potenciar el a

vance y la excelencia en la investigación, desarrollo e innovación en las TIC
- Consolidación del conocimiento científico avanzado y excelente en las Áreas Tecnológicas del Centro.
- Fomentar la transferencia tecnológica a la sociedad y al mercado
- Ampliar el alcance internacional de la actividad investigadora
- Estimular la capacidad generadora de empleo del sector TIC. PO FEDER GALICIA 2021-2027. “Una Europa más inteligente: transformación económica innovadora e inteligente". Subvencionado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional de la Xunta de Galicia y cofinanciado por la UE (ED431G 2023/01).

📣Seis investigadores do   da Universidade da Coruña  participaron na International Conference on Computational Finance (...
09/09/2026

📣Seis investigadores do da Universidade da Coruña participaron na International Conference on Computational Finance ( ), unha das principais citas internacionais no ámbito das finanzas cuantitativas.

🔹 Álvaro Leitao Rodríguez e José Germán López participaron nunha sesión sobre control estocástico e métodos de aprendizaxe aplicados á toma de decisións en contextos de incerteza.

🔹 Héctor Folgar Cameán , Pablo Pérez, Joel Pérez Villarino e Carlos Vázquez Cendón participaron na sesión dedicada a métodos computacionais para os mercados financeiros e enerxéticos.

Ademais, 👏 Carlos Vázquez Cendón formou parte do comité científico do ICCF2026, contribuíndo tamén á organización e avaliación científica do encontro.

🔗https://f.mtr.cool/p7z0ncfitl

🤝 El   recibió la visita del Dr. Tarquino Sánchez Almeida, rector de la Escuela Politécnica Nacional (EPN) de Ecuador, e...
07/09/2026

🤝 El recibió la visita del Dr. Tarquino Sánchez Almeida, rector de la Escuela Politécnica Nacional (EPN) de Ecuador, en el marco de su visita a la Universidade da Coruña (UDC).

🏛️ Durante el encuentro se compartieron experiencias sobre el modelo de organización y gobernanza del centro, así como sobre su actividad investigadora y de transferencia.

🌍 La visita permitió además explorar posibles vías de colaboración entre la Universidade da Coruña y la Escuela Politécnica Nacional de Ecuador, especialmente en el intercambio y la transferencia de conocimiento.

📊 O   acolle o VI Workshop SISAE: Statistical Inference in Small Area Estimation, organizado polo grupo   o vindeiro 9 d...
04/09/2026

📊 O acolle o VI Workshop SISAE: Statistical Inference in Small Area Estimation, organizado polo grupo o vindeiro 9 de setembro.

O encontro reunirá investigadores de recoñecido prestixio internacional, como Jiming Jiang, da University of California, e Thuan Nguyen, da Oregon Health and Science University.

Ademais, as investigadoras do grupo María Bugallo Porto e Naomi Diz Rosales presentarán os seus traballos.

🔎 Unha oportunidade para coñecer novos avances en estimación e predición en áreas pequenas, con aplicacións en ámbitos como a saúde, a economía ou a análise territorial.

💻 Asistencia presencial ou en liña a través de Microsoft Teams
⌚ 09:30 a 14:00 h
📍Sala Cloud do CITIC

👉 Rexistro de asistencia presencial antes do 8 de setembro ás 12:00 h, aquí: https://f.mtr.cool/l7hlbgqndi

Toda a información: https://f.mtr.cool/yvgfw6k3qw

☀️🔭 O Congreso Internacional Solar MHD 2026 reuniu no   especialistas de Europa, Estados Unidos e Asia para compartir os...
17/08/2026

☀️🔭 O Congreso Internacional Solar MHD 2026 reuniu no especialistas de Europa, Estados Unidos e Asia para compartir os últimos avances en física solar, magnetohidrodinámica, simulacións e intelixencia artificial.

Entre as principais conclusións, destacaron os novos modelos para estudar a formación e evolución das protuberancias solares, as fulguracións e as execcións de masa coroal.

🌑 A observación da eclipse solar total desde a praia de Cabanas foi outro dos momentos destacados, permitindo estudar a coroa solar con gran detalle e comparar as imaxes obtidas cos modelos de predición presentados no congreso.

https://citic.udc.es/gl/o-citic-da-udc-reune-a-investigadores-internacionais-para-explorar-novas-formas-de-estudar-o-sol/

11/08/2026
🌍 O   representará á Universidade da Coruña na Rede ConfIA, unha alianza entre dez universidades para impulsar a investi...
05/08/2026

🌍 O representará á Universidade da Coruña na Rede ConfIA, unha alianza entre dez universidades para impulsar a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento en intelixencia artificial confiable e responsable.

A UDC presidirá o Comité de Coordinación durante o primeiro ano e a investigadora Amparo Alonso exercerá como secretaria do Comité de Dirección Científico-Técnico, responsable da planificación científica, a coordinación cooperativa e o seguimento das actividades da Rede.

🚀 Un paso estratéxico que reforza o liderado do CITIC e da no desenvolvemento dunha IA máis segura e transparente, promovendo a colaboración entre universidades e o impacto da investigación na sociedade.

👉 https://citic.udc.es/gl/o-citic-representara-a-udc-en-confia-unha-nova-rede-interuniversitaria-de-excelencia-en-ia-presidida-pola-universidade-da-coruna/

🌞 O   converterase, do 10 ao 14 de agosto, no punto de encontro da comunidade científica internacional coa celebración d...
05/08/2026

🌞 O converterase, do 10 ao 14 de agosto, no punto de encontro da comunidade científica internacional coa celebración do Congreso Internacional Solar MHD 2026.

🌍 Investigadores e investigadoras de Europa, Estados Unidos e Asia reuniranse na Coruña para compartir os últimos avances na física solar, as simulacións da atmosfera do Sol e o uso de ferramentas innovadoras como a intelixencia artificial aplicada á investigación.

☀️ A cita coincide coa eclipse solar total do 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que ofrece unha oportunidade única para avanzar no coñecemento da coroa solar e reforzar a colaboración entre grupos de investigación de todo o mundo.

🚀 Un encontro que sitúa o CITIC e a Universidade da Coruña no centro da ciencia internacional!

https://citic.udc.es/gl/o-citic-da-udc-reunira-na-coruna-a-expertos-internacionais-para-avanzar-no-estudo-do-sol-durante-a-semana-da-eclipse/

🎉 O   da Universidade da Coruña  desenvolverá oito proxectos de investigación financiados pola Axencia Estatal de Invest...
31/07/2026

🎉 O da Universidade da Coruña desenvolverá oito proxectos de investigación financiados pola Axencia Estatal de Investigación (AEI).

Intelixencia artificial, 6G, ciberseguridade, saúde dixital, supercomputación e sustentabilidade son algunhas das áreas protagonistas.

🔗 Coñece todos os proxectos na nosa web:
https://f.mtr.cool/bdwidjmsxc

O   da Universidade da Coruña participará, xunto ao Massachusetts Institute of Technology (MIT) e Inditex 👕, nun novo pr...
30/07/2026

O da Universidade da Coruña participará, xunto ao Massachusetts Institute of Technology (MIT) e Inditex 👕, nun novo proxecto internacional que busca transformar os residuos da industria cervexeira 🍺 en novos materiais téxtiles sostibles 🌿.

🔬 O proxecto, financiado a través do MIT-Spain Inditex Circularity Seed Fund, investigará o potencial das follas e talos de lúpulo 🍃 para desenvolver:
🧵 Fibras téxtiles sostibles
🎨 Tinguiduras naturais
♻️ Novas solucións de economía circular

👩‍🔬👨‍🔬 O equipo do , formado por Salvador Naya Fernandez , Javier Tarrío Saavedra e Erika Francesch Domenech , colaborará co investigador do MIT Emery N. Brown .

🤝 O proxecto conta tamén coa colaboración de Cosecha de Galicia ( Corporación Hijos de Rivera S.L. ) 🍺 e co apoio de Inditex, reforzando a conexión entre universidade, empresa e investigación para impulsar unha industria máis sostible. 🌍💚

🔗 Máis información na nosa web:
👉https://f.mtr.cool/tnumkrfgnk

O   da Universidade da Coruña reforza a súa colaboración internacional nun novo almorzo  ☕ A sesión contou coa participa...
29/07/2026

O da Universidade da Coruña reforza a súa colaboración internacional nun novo almorzo

☕ A sesión contou coa participación de David Ranaudo e Kyran Siddiqui , investigadores vinculados ao Massachusetts Institute of Technology (MIT).

🧠📈 Durante o encontro compartiron avances en intelixencia artificial aplicada ás finanzas e á valoración de derivados.

🤖🔐 Tamén abordaron o uso de grandes modelos de linguaxe para identificar sistemas operativos a partir do tráfico de rede.

🔬 Unha xornada de intercambio científico que permitiu achegar investigación de vangarda á comunidade do e fortalecer os vínculos de colaboración internacional.

🔗https://f.mtr.cool/nrwkzpbnjf

Dirección

Campus De Elviña S/n
A Coruña
15071

Teléfono

+34881015501

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña:

Atajos

Compartir