Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC

  • Casa
  • España
  • A Coruña
  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC, Ciencia, tecnología e ingeniería, Campus de Elviña, A Coruña.

Research centre of UDC specialized in R&D&I in the multiple fields of civil engineering and building
Recoñecido Centro Colaborativo na Convocatoria de axudas aos centros de investigación do sistema universitario de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea

📢 O venres tivemos o pracer de recibir no CITEEC a Hooman Salavati, investigador posdoutoral da Universidade de Gante (B...
15/06/2026

📢 O venres tivemos o pracer de recibir no CITEEC a Hooman Salavati, investigador posdoutoral da Universidade de Gante (Bélxica).

💬 Na súa conferencia, titulada "Modelado computacional personalizado do fluxo de líquido intersticial e do transporte de medicamentos en tumores sólidos", abordou a caracterización e predición do fluxo de líquido intersticial combinando medicións experimentais, técnicas de resonancia magnética e modelización matemática.

Unha interesante achega ao avance das ferramentas computacionais aplicadas á investigación biomédica.

👏 Grazas, Hooman, por compartir o teu traballo connosco. Foi un pracer recibirte no CITEEC.

Universidade da Coruña

Hoxe pechamos unha etapa, pero tamén celebramos todo o que está por vir. Grazas, Alex, por formar parte do   e por acheg...
12/06/2026

Hoxe pechamos unha etapa, pero tamén celebramos todo o que está por vir. Grazas, Alex, por formar parte do e por achegar sempre compañeirismo, creatividade e unha actitude exemplar para aprender e superar novos retos.

Foi un pracer compartir este tempo contigo. Desexámosche moitos éxitos nesta nova aventura profesional. Ata pronto! 🤗

Universidade da Coruña Espazo Compartido

11/06/2026

🎓 A Universidad de Buenos Aires vén de distinguir co título de Doutor Honoris Causa a Ricardo García Mira, catedrático da Universidade da Coruña e investigador do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC.

✨Esta distinción académica recoñece a súa contribución durante máis de tres décadas ao avance da psicoloxía social e ambiental, así como o seu traballo no estudo da sustentabilidade, a transición ecolóxica, a participación cidadá e a resposta social ao cambio climático.

Parabéns, Ricardo, por este merecido recoñecemento!👏👏👏

🔗Máis info: https://bit.ly/RGMDHC

🗣 O vindeiro venres, 12 de xuño ás 12:45h o CITEEC acollerá a conferencia de investigación "Modelado computacional perso...
10/06/2026

🗣 O vindeiro venres, 12 de xuño ás 12:45h o CITEEC acollerá a conferencia de investigación "Modelado computacional personalizado do fluxo de líquido intersticial e do transporte de medicamentos en tumores sólidos" 💬, a cargo de Hooman Salavati, investigador posdoutoral da Universidade de Gante (Bélxica)

🔍 A ponencia, organizada polo Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría ( ), abordará a caracterización e predición do fluxo de líquido intersticial a través de medicións experimentais, medicións por resonancia magnética e modelización matemática

Achégate á Sala de Visualización do CITEEC e descubre de primeira man os avances neste eido clave da enxeñaría biomédica e o modelado computacional 🖥️.

Universidade da Coruña

📷 Algunhas imaxes do Foro Anual 2026 da Enxeñaría e da Arquitectura en Galicia, organizado pola Universidade da Coruña e...
09/06/2026

📷 Algunhas imaxes do Foro Anual 2026 da Enxeñaría e da Arquitectura en Galicia, organizado pola Universidade da Coruña en colaboración con AGEINCO e o Igape - Instituto Galego de Promoción Económica.

💬 Unha xornada de análise e intercambio de ideas sobre os principais desafíos e oportunidades da enxeñaría e da arquitectura, con especial atención ás competencias profesionais, a innovación e transformación dixital, a sostibilidade, os novos materiais e a transición enerxética.

Un espazo para compartir coñecemento e crear sinerxías cara a unha Galicia máis innovadora, competitiva e sostible 🌍.

09/06/2026
Con motivo da   🌿, o pasado xoves celebramos unha nova edición especial do   con Jose Anta como padriño, investigador do...
08/06/2026

Con motivo da 🌿, o pasado xoves celebramos unha nova edición especial do con Jose Anta como padriño, investigador do grupo .

Nesta ocasión, coñecemos as investigacións de persoal de estancia en diferentes grupos vinculados ao CITEEC: Felipe Rezende (GEAMA), Tontong Zhang (GME) e Daniele Berdini (gCONS).

Ao longo da xornada abordáronse cuestións relacionadas co comportamento e a eficiencia das cubertas vexetais urbanas 🌱, o rendemento aerodinámico e as vibracións en estruturas de ponte sometidas á acción do vento 🌬️, así como o desenvolvemento de novos materiais para impresión 3D máis sostibles e con capacidade de monitorización estrutural 🏗.

Seguimos con actividades pola ✅

Universidade da Coruña

Hoxe, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente 🌍, o CITEEC abriu as súas portas á cidadanía para dar a coñecer a inv...
05/06/2026

Hoxe, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente 🌍, o CITEEC abriu as súas portas á cidadanía para dar a coñecer a investigación que desenvolvemos nos diferentes laboratorios e achegar a enxeñaría e a innovación á sociedade 👷‍

Moitas grazas a todas as persoas asistentes polo interese, participación e curiosidade nesta xornada. Fixestes desta actividade un espazo de encontro, aprendizaxe e compromiso cun futuro máis sostible 🌿

Universidade da Coruña

📢 CONFERENCIA DE SEBASTIÁN VILLASANTE POSPOSTAInformamos de que a conferencia de Sebastián Villasante, prevista inicialm...
05/06/2026

📢 CONFERENCIA DE SEBASTIÁN VILLASANTE POSPOSTA

Informamos de que a conferencia de Sebastián Villasante, prevista inicialmente para o vindeiro luns, 8 de xuño, queda posposta.

📅 Nova data: martes, 16 de xuño
🕒 Hora: 12:30h
📍 Lugar: Sala de Visualización CITEEC

Lamentamos os inconvenientes que este cambio poida ocasionar e agradecemos a vosa comprensión.

Continuamos ca ! 💚 Universidade da Coruña

Achégase a 🌍 e no CITEEC preparamos unha programación especial durante todo o mes de xuño:

🔬 Divulgación científica cunha edición especial do e conferencias de Sebastián Villasante e Adrián Krezlik.

🚪 Abrimos as portas dos nosos laboratorios para que poidas descubrir o CITEEC desde dentro.

🌱 Formación para seguir aprendendo: andaina climática e curso sobre análise de ciclo de vida aplicada a infraestruturas, impartidos por Adrián Krezlik.

Actividades abertas e gratuítas (nas formacións terá prioridade o ).

Inscríbete e súmate á ! 📩 https://forms.cloud.microsoft/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG2Sev-6x6LxPkS-dFxjUcLRUQTY4UjEySDFONEtCVFMwMjM0MkhQTzk1OS4u

Máis información sobre as actividades 👉 https://citeec.udc.es/el-citeec-de-la-udc-celebra-la-greenweek-con-un-programa-de-actividades-en-el-mes-de-junio/

Universidade da Coruña

01/06/2026

🌱💚 Xa está aquí a do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC!

Durante o mes de xuño haberá conferencias, actividades divulgativas, portas abertas e un curso desobre sustentabilidade, descarbonización, cambio climático e conexión entre ciencia e políticas públicas.

Unha oportunidade para coñecer de preto o traballo do CITEEC e participar en actividades centradas nos grandes desafíos ambientais do noso tempo.

📲 Inscricións a través do código QR do cartel.

Dirección

Campus De Elviña
A Coruña
15071

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC:

Compartir