05/03/2026
Hoxe, ao chegar á nosa nave de San Cibrao, no Polígono de Cuíña, atopámonos con esta “sorpresa”: un depósito de ACS e un vaso de expansión xusto diante da porta.
Descoñecemos quen os deixou alí.
Queremos aclarar unha cousa: que sexamos fontaneiros non significa que todo o que apareza relacionado coa fontanería neses contedores sexa noso.
Os contedores están na vía pública e pode acceder calquera persoa. Ademais, o punto limpo está a escasos 150–200 metros da nosa nave, polo que queremos pensar que quizais algunha persoa pasou cando estaba pechado e decidiu deixalo alí.
En calquera caso, nós volverémolo deixar onde estaba, xa que non nos imos facer cargo dunha chatarra que non é nosa.
Comentámolo simplemente para evitar malentendidos.
Adxuntamos unhas fotos para que se vexa a situación.