03/10/2025
"A Coruña, 1 de outubro de 2025.- A Universidade de Stanford (Estados Unidos) vén de publicar o seu ránking “A World's Top 2% Scientist List“, incluíndo nel a 26 persoas que forman parte do PDI da Universidade da Coruña. Esta listaxe identifica ao 2% dos científicos máis influentes do mundo en todas as áreas de coñecemento, unha clasificación que analiza persoal investigador de todo o mundo a través da base de datos Scopus, proporcionada pola editorial Elsevier, que ordena en campos e subcampos científicos.
A World's Top 2% Scientist List xera dúas clasificacións, a primeira, que inclúe toda a traxectoria do persoal investigador, e a segunda, referida ao último ano de resultados.
Na primeira delas, a que inclúe toda a traxectoria investigadora, a UDC conta con 18 investigadores e investigadoras, onde as disciplinas que contan con maior representación son a Química e as TIC, seguidas da Medicina Clínica e a Investigación Biomédica, as Tecnoloxías Habilitadoras e Estratéxicas, e tamén as Ciencias Sociais.
Nesta listaxe aparecen Franciso Blanco, Germán Bou, Mª Generosa Crespo, do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas; Christian Kennes, Carlos Jiménez, Carlos Platas Iglesias, Emilia Iglesias e María del Carmen Veiga, do Departamento de Química; María Isabel González Siso, do Departamento de Bioloxía; Darío Prada Rodríguez, do CICA; Ángel Fernández Flores, do INIBIC; Blanca Laffon, do Departamento de Psicoloxía; Tiago M. Fernádez Caramés, do Departamento de Enxeñaría de Computadores; Pedro Cabalar, Carlos Gómez Rodríguez e Verónica Bolón Canedo, do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información; Renée DePalma, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e José A. Orosa, do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña"