Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias A APLTA proporciona servizos tecnolóxicos avanzados e formación especializada ao sector alimentario.

Nuestra actividad principal se fundamenta en la investigación, desarrollo e innovación de productos lácteos y otros alimentos, que complementamos con otros servicios como formación, asistencia técnica a empresas y análisis de alimentos. Para llevar a cabo nuestro trabajo, contamos con un equipo altamente cualificado, multidisciplinar y con experiencia. El APLTA dispone de una de las plantas piloto

para la industria láctea y alimentaria más completas de Europa, dotada de unas instalaciones y medios técnicos que permiten reproducir los procesos industriales más representativos de estas industrias.

Este curso continuamos coas visitas do estudantado de   do   do   ás nosas instalacións 🏫🔬. Durante estas visitas semana...
09/03/2026

Este curso continuamos coas visitas do estudantado de do do ás nosas instalacións 🏫🔬.

Durante estas visitas semanais poden coñecer de preto as diferentes instalacións e os servizos que ofrecemos, e exploran desde os procesos de transformación e control de calidade de alimentos 🧫🥼 ata as últimas innovacións tecnolóxicas na industria 🚀🔧. Ademais, conseguen entender o papel clave dos equipos veterinarios na seguridade e desenvolvemento de productos alimentarios 🐄🧬, e a importancia da investigación aplicada neste campo 📊🔍.

Graciñas ás profes e ao estudantado polo voso interese! 🙌😊

A igualdade non é unha opción e o pasado por aquí non vai avanzar 🚫Nun contexto no que os dereitos das mulleres volven s...
08/03/2026

A igualdade non é unha opción e o pasado por aquí non vai avanzar 🚫

Nun contexto no que os dereitos das mulleres volven ser cuestionados, lembrar o sentido desta data é tamén defender os avances acadados e reafirmar o compromiso coa igualdade.

Desde o noso centro de investigación, nunha universidade pública, temos un deber explícito: non só investigar e ensinar 🔬📚, tamén defender activamente os dereitos das mulleres e promover a xustiza social ⚖️. Seguiremos a traballar para construír espazos de ciencia e coñecemento máis xustos, diversos e igualitarios.

Porque defender a igualdade tamén é defender o futuro da ciencia e da sociedade 🌍. A ciencia e a educación deben estar sempre ao servizo de todas as persoas.

Andrea, do Grao en Bioquímica da USC, e Xacobe, do Grao en Nutrición Humana e Dietética da USC, tamén están a realizar a...
20/02/2026

Andrea, do Grao en Bioquímica da USC, e Xacobe, do Grao en Nutrición Humana e Dietética da USC, tamén están a realizar as súas prácticas na APLTA! 🔬✨

Estamos encantados de contar convosco nesta etapa e agardamos que esta experiencia sexa moi enriquecedora, tanto a nivel profesional como persoal 😊🌱

Benvidos! 💚

A semana pasada recibimos visita portuguesa!😍 O profesorado e o alumnado do Máster en Enxeñaría Zootécnica da Escola de ...
20/02/2026

A semana pasada recibimos visita portuguesa!😍

O profesorado e o alumnado do Máster en Enxeñaría Zootécnica da Escola de Ciencias Agrarias e Veterinarias da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro achegáronse ás nosas instalacións para coñecer de preto o noso traballo 🏫🔬

Foi unha xornada moi produtiva na que compartimos experiencias, intercambiamos ideas e abrimos novas portas de colaboración entre ambos os centros 🤝🌱

Encántanos seguir tecendo redes e fortalecendo lazos coa comunidade académica portuguesa. Grazas pola visita e polo voso interese! 💚😊

13/02/2026
🗣️ Nas universidades galegas estanse producindo progresos na participación feminina na investigación 👩‍🔬📚, unha mostra d...
11/02/2026

🗣️ Nas universidades galegas estanse producindo progresos na participación feminina na investigación 👩‍🔬📚, unha mostra de que avanzar cara á igualdade é posible cando existe un compromiso verdadeiro. Grazas a esta transformación, hoxe moitas nenas e mozas poden atopar referentes femininos reais no ámbito científico 🧪.

🚧 Con todo, a igualdade plena aínda está lonxe: a ciencia non é un terreo neutral e mantéñense as fendas nas disciplinas técnicas e nos espazos de maior liderado científico. As mulleres seguen a atopar máis barreiras, menos recoñecemento e menos presenza nos espazos de decisión científica. Por iso é importante a reivindicarmos este día: visibilizar, apoiar e crear oportunidades reais segue sendo fundamental para que todas poidamos desenvolver a nosa carreira científica en igualdade.

E por que visibilizar é tan importante? 💻Porque rompe estereotipos de xénero, eses que nos meten uns e outras con calzador desque nacemos; inspira confianza e ambición; ofrece modelos de resiliencia e innovación; amplía horizontes e fomenta una sociedade máis xusta. 🌍

❗🔝Sen igualdade non hai excelencia científica real.
🧩A ciencia que non representa a sociedade á que serve é unha ciencia incompleta.

🔍 Non sempre é dodado dar visibilidade ao enorme traballo investigador que se desenvolve nas universidades públicas gale...
29/01/2026

🔍 Non sempre é dodado dar visibilidade ao enorme traballo investigador que se desenvolve nas universidades públicas galegas, nin facer que chegue máis alá dos ámbitos académicos. Por iso é tan importante o papel de medios como Campo Galego ou de xornadas como as organizadas pola investigadora Patricia Cazón no noso centro sobre valorización de subprodutos na industria.

🎓 Hoxe Campo Galego nos volve lembrar o magnífico —e mesmo asombroso— relatorio de Manuel Vázquez na 𝘐𝘐 𝘟𝘰𝘳𝘯𝘢𝘥𝘢 𝘥𝘦 𝘛𝘳𝘢𝘯𝘴𝘧𝘦𝘳𝘦𝘯𝘤𝘪𝘢 𝘴𝘰𝘣𝘳𝘦 𝘷𝘢𝘭𝘰𝘳𝘪𝘻𝘢𝘤𝘪𝘰́𝘯 𝘥𝘦 𝘴𝘶𝘣𝘱𝘳𝘰𝘥𝘶𝘵𝘰𝘴 𝘯𝘢 𝘪𝘯𝘥𝘶𝘴𝘵𝘳𝘪𝘢 𝘢𝘭𝘪𝘮𝘦𝘯𝘵𝘢𝘳𝘪𝘢: “Uso de patacas de refugo para obter transglutaminase e mellorar os produtos do mar”.

🧪 Manuel, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos no Campus Terra USC, é un referente en biotecnoloxía alimentaria e responsable, xunto co seu equipo, da patente da transglutaminase galega, a terceira a nivel mundial tras a xaponesa e a chinesa.

🌱 Iniciativas coma estas xornadas e o seu eco na prensa son fundamentais para poñer no foco investigacións de altísimo nivel que se fan aquí, nas universidades públicas galegas, nomeadamente na Universidade de Santiago de Compostela, e para lembrar —tamén a nós mesmos— onde estamos e ata onde chegamos.

Lede o artigo, é interesantísimo! 👇👇👇

Introducir o peixe na dieta de nenos e nenas ás veces non é unha tarefa sinxela. Pero, e se existise un embutido de peixe máis apetecible […]

🎓🤝 Onte comezou as súas prácticas na APLTA Adriana, estudante do Grao en Veterinaria, titorizada por Tania Ferreiro, a n...
28/01/2026

🎓🤝 Onte comezou as súas prácticas na APLTA Adriana, estudante do Grao en Veterinaria, titorizada por Tania Ferreiro, a nosa responsable dos laboratorios de microbioloxía e fisicoquímico.

Benvida, Adriana! Esperamos que te sintas a gusto e aprendas moito! 🔬

👩‍🎓👩‍🏫Como centro dunha universidade pública, sempre tivemos moi claro que a docencia forma parte do noso ADN. Levamos m...
21/01/2026

👩‍🎓👩‍🏫Como centro dunha universidade pública, sempre tivemos moi claro que a docencia forma parte do noso ADN. Levamos máis de 30 anos abrindo as portas a alumnado en prácticas e recibindo visitas de centros educativos, algo que nos enriquece enormemente a todos.

Un bo exemplo é a colaboración co CIFP politecnico De LUGO que imparte os graos superiores de Procesos e Calidade na Industria Alimentaria ou o de Tecnoloxía e Xestión Queixeira, entre outros moitos. Cada ano recibimos alumnado en prácticas deste centro moi ben preparado, e tamén en visitas nas que poden ver de primeira man como funcionan os equipos nunha industria alimentaria, tanto nunha planta piloto coma nos laboratorios.

Para nós, estas visitas e prácticas son fundamentais 💡: axudan a conectar a formación coa realidade profesional, fomentan vocacións e permiten compartir coñecemento entre centros. Seguiremos apostando por este intercambio tan necesario para o futuro do sector. 👩‍🔬👨‍🔬

✨🎄 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀❗ 🎄✨O Nadal está a piques de chegar e o equipo de 𝗔𝗣𝗟𝗧𝗔 quere agradecervos a todos (clientes, colaboradore...
18/12/2025

✨🎄 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀❗ 🎄✨

O Nadal está a piques de chegar e o equipo de 𝗔𝗣𝗟𝗧𝗔 quere agradecervos a todos (clientes, colaboradores, compañeiros e socios) a vosa confianza este ano.

Estas datas son un bo momento para recapitular e alegrarnos por todo o conseguido, pero tamén para ollar con moita ilusión e imaxinación cara ao que está por vir 😊. Desexámosvos de corazón unhas festas a carón dos vosos e un 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗮𝗻𝗼 𝗰𝗵𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝘀𝗮𝘂́𝗱𝗲, 𝗼𝗽𝗼𝗿𝘁𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀, 𝗿𝗲𝘁𝗼𝘀 𝗲 𝗯𝗼𝘀 𝗿𝗲𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮𝗱𝗼𝘀.

🚀 𝗡𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟲 𝗲𝗻𝗰𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶́𝗮𝗻𝗼𝘀 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗲𝗻 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗶𝗴𝗼, 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗶𝗱𝗲𝗮𝘀, 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗿𝗼𝗺𝗶𝘀𝗼 𝗲 𝘀𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 que marquen a diferenza.

Moitísimas grazas por formar parte da nosa viaxe!
Bo Nadal e próspero ano novo 🌰.

🥫🍶"A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias de Lugo é un referente en Europa na creación e mellora de produ...
18/12/2025

🥫🍶"A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias de Lugo é un referente en Europa na creación e mellora de produtos de alimentación."🧃🥡

📺 A reportaxe da TVG na súa web: ⤵️
https://www.g24.gal/-/aplta-a-investigacion-detras-dos-produtos-alimentarios?fbclid=IwVERDUAOtC2BleHRuA2FlbQIxMABzcnRjBmFwcF9pZAwzNTA2ODU1MzE3MjgAAR6JLRVDErdX1_Yg1sMQKP9fuypLnhju7o95rkpRSNROmqtef6ZJMhwXJCEbGg_aem_niyKocGbV5s4DzDMaf2wCQ

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias de Lugo é un referente en Europa na creación e mellora de produtos de alimentación

Dirección

Rua Montiron, 150
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:00
Martes 08:30 - 20:00
Miércoles 08:30 - 20:00
Jueves 08:30 - 20:00
Viernes 08:30 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias:

Compartir