09/07/2026
🎉🌾 O xornal Primeira Noticia faise eco do 25º aniversario de Asdecomor e entrevista ao presidente da entidade, Mariano Iglesias, para repasar a traxectoria, os logros acadados e os retos de futuro do noso Grupo de Desenvolvemento Rural.
🚜🌱 Este 2026 é un ano moi especial para Asdecomor, xa que celebramos 25 anos traballando en prol do desenvolvemento rural da comarca de Ordes, impulsando iniciativas que contribúen á creación de emprego, á dinamización económica, á innovación e á mellora da calidade de vida da nosa veciñanza.
🏡💚 Ao longo deste cuarto de século consolidamos un modelo de desenvolvemento rural participativo, apoiando centos de proxectos promovidos por persoas emprendedoras, empresas, asociacións e administracións locais. Un traballo que permitiu poñer en valor os recursos do territorio, fortalecer o tecido socioeconómico e crear novas oportunidades no rural.
🌾🤝 Na entrevista, o noso Presidente destaca o papel de Asdecomor como instrumento para «vertebrar a comarca de Ordes desde unha visión estratéxica, participativa e integradora do desenvolvemento rural», así como a importancia de iniciativas como a intervención Leader, e os proxectos de cooperación Move Terra, PPP Local+ ou Comedores Responsables Km0.
🐄🍀🌻 Este aniversario é tamén unha oportunidade para agradecer a confianza de todas as persoas, entidades e institucións que formaron parte deste camiño. O éxito de Asdecomor é o resultado do esforzo colectivo e do compromiso compartido con un rural vivo, dinámico, innovador e con futuro.
🌍🌱 De cara aos vindeiros anos seguiremos traballando para afrontar desafíos como o reto demográfico, a transición dixital e ecolóxica, a valorización dos produtos locais, a mobilización de terras agrarias e o reforzo da cooperación territorial.
🙌🚜 Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta historia durante estes 25 anos.
💚🌾 Seguimos sementando futuro para a nosa comarca. 🌱🏡
🌾🚜🍀🏡🤝💚🌱