Obras de conservación na Torre da Fírbeda ou Forxa - A Porqueira, Ourense.

  • Casa
  • España
  • Orense
  • Obras de conservación na Torre da Fírbeda ou Forxa - A Porqueira, Ourense.

Obras de conservación na Torre da Fírbeda ou Forxa - A Porqueira, Ourense. Obras de consolidación e conservación na Torre da Fírbeda ou Forxa
(A Porqueira-Ourense).

Chegamos a fin das obras na Torre, colocando o remate do lucernario de aceiro inox granallado e realizando as probas de ...
29/05/2021

Chegamos a fin das obras na Torre, colocando o remate do lucernario de aceiro inox granallado e realizando as probas de estanqueidade que garanten a intervención realizada.
Agora, a disfrutar das vistas!

Para a colocación do novo lucernario da cuberta houbo que reforzar a estrutura existente sobre a que se colocaron os vid...
25/04/2021

Para a colocación do novo lucernario da cuberta houbo que reforzar a estrutura existente sobre a que se colocaron os vidros... agora só falta o remate de aceiro que se está ultimando no taller, para dar por finalizada a obra.

Xa queda menos para rematar...estas semanas realizáronse algúns retoques nas carpinterías de madeira, rematouse a cubert...
11/03/2021

Xa queda menos para rematar...estas semanas realizáronse algúns retoques nas carpinterías de madeira, rematouse a cuberta de tella Borja incluíndo as pezas de ventilación, e executáronse tarefas de soldadura nas zonas de unión entre as planchas de chumbo.

21/02/2021
Estanse ultimando os traballos na cuberta da torre. Realizouse a instalación do novo pararraios, o selado das láminas de...
21/02/2021

Estanse ultimando os traballos na cuberta da torre. Realizouse a instalación do novo pararraios, o selado das láminas de chumbo e a cobertura da lámina impermeable transpirable, do fibrocemento e da tella. Agardamos que o tempo de tregua para centrar as tarefas no lucernario...

Bos e xeados días dende a Forxa!Despois de rematar a soleira de cal no pasillo da cuberta, estase a realizar a súa imper...
13/01/2021

Bos e xeados días dende a Forxa!
Despois de rematar a soleira de cal no pasillo da cuberta, estase a realizar a súa impermeabilización con chumbo, interpoñendo unha lámina de nódulos para evitar problemas de condensación. A unión das láminas de chumbo realízase mediante doble engatillado procurando a estabilidade e estanqueidade da solución.
Por outra banda continúan os estudos sobre o estado de conservación do ben mediante o mapeado de patoloxías.

Ademáis da magnífica Torre da Forxa, o entorno natural e etnográfico da comarca tamén merecen ser coñecidos. Non dubided...
04/01/2021

Ademáis da magnífica Torre da Forxa, o entorno natural e etnográfico da comarca tamén merecen ser coñecidos. Non dubidedes en visitalos este 2021...Feliz ano!

Estos días estamos traballando arreo aproveitando o bo tempo. Na cuberta da torre xa comezamos a instalar a capa de illa...
22/12/2020

Estos días estamos traballando arreo aproveitando o bo tempo. Na cuberta da torre xa comezamos a instalar a capa de illamento entre rastreis de castiñeiro tratado con aceite, e a estrutura existente foi lixada e pintada de novo. Tamén colocamos as novas carpinterías das que presentamos un pequeno avance...

Seguimos traballando na Torre, realizando as tarefas de picado e rexunte nas troneiras das ventanas e porta de entrada. ...
16/12/2020

Seguimos traballando na Torre, realizando as tarefas de picado e rexunte nas troneiras das ventanas e porta de entrada. A eliminación de restos de cemento efectúase de xeito manual evitando danar a pedra, mentras que as xuntas son encintadas cun morteiro de cal hidráulica...rematando os procesos que permitan unha correcta instalación das novas carpinterías.

No taller os traballos de carpintería avanzan a bo ritmo. Proponse restaurar a porta de entrada á Torre, mantendo a súa ...
07/12/2020

No taller os traballos de carpintería avanzan a bo ritmo. Proponse restaurar a porta de entrada á Torre, mantendo a súa identidade, mentras que as fiestras realízanse en madeira de castiñeiro cun acabado ao aceite libre de tóxicos e permeable.

Despois da eliminación do recrecido de cemento realízase un novo  a base de morteiro de cal máis traspirable e compatibl...
07/12/2020

Despois da eliminación do recrecido de cemento realízase un novo a base de morteiro de cal máis traspirable e compatible co elemento parimonial, realizando un pequeno resalte que facilita a evacuación das augas pluviais.

Dirección

Rúa Torre 24
Orense
32643

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Obras de conservación na Torre da Fírbeda ou Forxa - A Porqueira, Ourense. publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Obras de conservación na Torre da Fírbeda ou Forxa - A Porqueira, Ourense.:

Compartir

Categoría