Enxeñería Agrícola Ourense

Enxeñería Agrícola Ourense Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Enxeñería Agrícola Ourense, CARDENAL QUEVEDO, 25, Orense.

No Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Graduados en Enxeñaría Agraria atoparás o teu punto de referencia para información e asesoramento especializado.

Antes de que unha colleita chegue á mesa, houbo centos de decisións: sobre o solo, a auga, os cultivos, a maquinaria ou ...
09/09/2026

Antes de que unha colleita chegue á mesa, houbo centos de decisións: sobre o solo, a auga, os cultivos, a maquinaria ou a protección do territorio.

Moitas non se ven. Pero todas contan.

Nese punto no que a experiencia do campo se encontra coa ciencia e a tecnoloxía traballa a enxeñaría agrícola: resolvendo problemas reais para que a terra produza mellor e teña futuro.

Hoxe, 𝐃𝐢́𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐀𝐠𝐫𝐢𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚, 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐪𝐮𝐞𝐧 𝐚 𝐟𝐚𝐢 𝐩𝐨𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞. 𝐂𝐨𝐚𝐬 𝐦𝐚𝐧𝐬, 𝐜𝐨𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐞𝐫𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐭𝐚𝐦𝐞́𝐧 𝐜𝐨 𝐜𝐨𝐧̃𝐞𝐜𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨.

💧 A auga e o futuro da agricultura galega, a debate na LimiaOnte celebrouse na Casa da Cultura de Xinzo de Limia a Xorna...
04/09/2026

💧 A auga e o futuro da agricultura galega, a debate na Limia

Onte celebrouse na Casa da Cultura de Xinzo de Limia a Xornada Técnica da Auga e a Agricultura en Galicia, unha cita que marca o inicio de Alimagro 2026 e na que o Colexio estivo representado polo noso presidente, Pepe Paz.

A xornada puxo o foco nun dos grandes retos do noso agro: avanzar cara a unha xestión da auga máis eficiente, intelixente e sustentable. A dixitalización das explotacións, os sensores de precisión e a automatización dos sistemas de rega son ferramentas cada vez máis necesarias para mellorar a rendibilidade e aproveitar responsablemente cada pinga.

Este desafío cobra unha importancia especial na comarca da Limia, un dos principais motores agrícolas de Galicia. A modernización das infraestruturas de regadío resulta esencial para protexer os acuíferos e garantir o futuro de cultivos tan ligados á comarca como a pataca.

Desde o Colexio reafirmamos o noso apoio a este tipo de xornadas. A formación, a divulgación e o intercambio de coñecemento son fundamentais para construír un medio rural máis moderno, competitivo e respectuoso coa contorna.

02/09/2026

Labradora, viticultora y docente agroecológica. Colegiada del Colegio de Ingenieros Técnicos y Graduados Agrícolas de Ourense.

21/08/2026

El papel de la Ingeniería Agrícola en el mundo rural es UN PAPELÓN.

Porque está presente en la gestión del territorio, agua, explotaciones, caminos, paisaje, sostenibilidad, innovación, servicios, actividad económica y futuro para los pueblos.

En el último número de la revista Profesiones, de Unión Profesional, nuestro presidente, Carlos Gutiérrez, firma un artículo sobre el papel de la Ingeniería Agrícola en el desarrollo del medio rural.

Y junto a él, la entrevista a Adelina García, Ingeniera Técnica Agrícola, colegiada del Colegio de Enxeñería Agrícola Ourense, pone rostro a esa labor desde la experiencia real de quien trabaja cada día pegada al territorio.

El medio rural necesita menos discursos bonitos y más conocimiento técnico, profesionales cerca y decisiones que ayuden a mantenerlo vivo.

📌 Puedes leerlo aquí: https://issuu.com/unionprofesional/docs/profesiones_n222/17

12/08/2026

Emilia Díaz é biológa investigadora da Estación Vitivinícola e de Enoloxía de Galicia en Leiro. Ao longo da súa traxectoria participou en numerosos proxectos de investigación relacionados coa sanidade vexetal, protección, sustentabilidade do viño e adaptación do cultivo aos novos escenari...

Onte quixemos estar, unha vez máis, preto dos nosos colexiados da comarca de Monterrei, compartindo con eles unha xornad...
08/08/2026

Onte quixemos estar, unha vez máis, preto dos nosos colexiados da comarca de Monterrei, compartindo con eles unha xornada que fala de territorio, de profesión e, sobre todo, de orgullo polo lugar no que traballamos e vivimos.

Monterrei ten unha maneira propia de entender a viticultura: unha paisaxe, unhas variedades, unha forma de traballar e unha identidade que se foi consolidando co paso dos anos e que hoxe proxecta o nome desta comarca moito máis alá das súas fronteiras.

Para o Colexio, acompañar aos profesionais que forman parte desta realidade é tamén unha forma de recoñecer o seu traballo e de poñer en valor o papel da enxeñaría agrícola no desenvolvemento e na evolución do noso sector vitivinícola.

Foi un pracer compartir esta XIX Feira do Viño de Monterrei e celebrar con eles o presente e, sobre todo, todo o que aínda está por vir. 🍷

A nosa colexiada Natalia Gallego é a protagonista da sección Colexiada do Mes do Consello Xeral da Enxeñaría Agrícola.Un...
05/08/2026

A nosa colexiada Natalia Gallego é a protagonista da sección Colexiada do Mes do Consello Xeral da Enxeñaría Agrícola.

Un merecido recoñecemento a unha traxectoria na que a Enxeñaría Agrícola lle permitiu construír un modo de vida vencellado á natureza, á terra e ao desenvolvemento sostible.

Un exemplo de paixón, compromiso e amor polo rural que paga a pena coñecer.

Parabéns, Natalia! 💚

👉 Descubre a súa entrevista completa:

Labradora, viticultora y docente agroecológica. Colegiada del Colegio de Ingenieros Técnicos y Graduados Agrícolas de Ourense.

🫑 Hai produtos que identifican un territorio. O Pemento da Arnoia é, sen dúbida, un deles.Corenta e sete edicións avalan...
01/08/2026

🫑 Hai produtos que identifican un territorio. O Pemento da Arnoia é, sen dúbida, un deles.

Corenta e sete edicións avalan unha festa que soubo converter o Pemento da nun referente da nosa horticultura e nun escaparate do potencial agroalimentario da provincia de Ourense.

Desde o Colexio queremos felicitar á organización por manter viva unha cita que pon en valor o coñecemento, a calidade e o valor engadido das producións que distinguen o noso territorio.

📢 𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐒𝐡𝐨𝐰𝐜𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐝𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐚 𝐗𝐈𝐗 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐕𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢!🗓 Domingo, 9 de agosto🕐 1...
31/07/2026

📢 𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐒𝐡𝐨𝐰𝐜𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐝𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐚 𝐗𝐈𝐗 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐕𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢!

🗓 Domingo, 9 de agosto
🕐 13:00 h

🍷 "𝑺𝒂𝒃𝒐𝒓𝒆𝒔 𝒂𝒖𝒕𝒆́𝒏𝒕𝒊𝒄𝒐𝒔: 𝑭𝒖𝒔𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒆 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒆𝒓𝒗𝒂𝒔 𝒆𝒄𝒐𝒍𝒐́𝒙𝒊𝒄𝒂𝒔 𝒄𝒐𝒏 𝒗𝒊𝒏̃𝒐𝒔 𝒅𝒂 𝑫.𝑶. 𝑴𝒐𝒏𝒕𝒆𝒓𝒓𝒆𝒊"

Un showcooking con produtos de Experiencias de Calidade, da man de José Luis Prieto, chef e xerente de O Segredo do Retiro (restaurante recomendado na Guía Michelin), e Miguel Lopez Nuñez, director técnico do Consello Regulador da D.O. Monterrei e noso colexiado, acompañado musicalmente por José Manuel Salgado, profesor do Conservatorio de Música de Verín.

⚠️ As actividades do xoves e do sábado xa teñen todas as prazas cubertas. Para o domingo aínda quedan as últimas prazas dispoñibles.

💶 Cota de participación: 15 €
📍 Lugar: Espazo de showcooking do Parque da Alameda.

📩 𝐈𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞𝐧: 𝐢𝐧𝐟𝐨@𝐝𝐨𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢.𝐜𝐨𝐦

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Dirección

CARDENAL QUEVEDO, 25
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

988 23 95 21

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Enxeñería Agrícola Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Enxeñería Agrícola Ourense:

Atajos

Compartir