17/06/2021
**
ANDRÉS ANTELO LAMAS (1774-1844)
Enxeñeiro, inventor, construtor de reloxos. Ideou, no século XIX, un autómata que paseaba polas rúas de Ferrol
Andrés Martínez Salazar, asinaba en "El Correo Gallego" do 24 de decembro de 1903: …"poucas cidades poderán no curto período dun século ostentar, como Ferrol, un cadro máis brillante e numeroso de homes ilustres en todas as manifestacións do entendemento e laboriosidade humana".
Esta afirmación estaba feita á mantenta de abordar o personaxe Antelo, construtor de reloxos (Santiago, Lugo e mosteiro de Sobrado), artífice das máquinas de bombas dos diques vellos, as primeiras que se montaron en Europa, inventor de quinqués, que levaban o seu apelido, coñecidos máis comunmente como " velones Antelo"…Tiña tanta habilidade que sen coñecer os signos musicais fixo varias mesas de música.
O historiador ferrolán Guillermo Llorca di na súa obra " Ferroláns" (Biblioteca de Ferrolterra. Edicións Embora) sinala "Como exemplo dá súa formación e pragmatismo adapta varios muiños dá zona e con eles tornea vos cañóns que acadan un magnífico rendemento". Lembra Llorca Freire que o enxeño e coñecementos de Antelo Lamas fan que alcance en 1811 a gradación de enxeñeiro extraordinario da Real Armada. Foi director da fábrica da moeda de Xubia en dúas ocasións e dirixiu talleres varios.
Das obras "imperecedoiras" dos ferroláns dá fe o titular de "La Noche" de data 14 de agosto de 1965, ao abordar o reloxo da catedral de Santiago construído por Andrés Antelo Lamas. É curioso, antes de seguir, que nun destas reportaxes do citado rotativo, datado no 6 de maio de 1952, Jesús R. Alvite subliñaba "…o seu autor (do reloxo) foi o enxeñeiro compostelán don Andrés Antelo, nacido na inmediata parroquia de Conxo", cando realmente naceu en Ferrol o 27 de maio de 1774 e faleceu o 25 de maio de 1844. Case chega a nacer e a morrer o mesmo día do mesmo mes con 70 anos de diferenza.
Dicía R. Alvite en "La Noche", do 6 de maio de 1952, que o reloxo da catedral de Santiago, construído en 1831, nunca fora sometido a reparación algunha durante 27 anos e nun alarde de xornalismo divulgativo, explicaba que recibía corda desde 1890 "polos servizos da "Casa Gamallo", corda que duraba 12 horas. Neste mester actuaban dúas persoas e na operación investían doce minutos. Utilizaban unha manivela "e o traballo era un alarde forza". A pa das horas pesa ou pesaba 500 quilos, a dos cuartos, 200 quilos. As badaladas, escribía o xornalista compostelán, son audibles na Estrada.
Encima do reloxo lense dúas inscricións de clásico estilo, asinadas por Andrés Antelo, están en latín e a de maior importancia traducida di o seguinte: "Do mesmo xeito que foxe esta máquina ao empuxar as horas coas súas non interrompidos movementos e non permite a máis pequena dilatación así escapan os tempos, así vai correndo a vida dos homes ata que a corte coa súa gadaña a Parca poderosa".
Volvendo ao personaxe Antelo, Borobó na súa sección de " Anacos" escribiu:
"Chegou a construír moito antes que os fantásticos técnicos de Yankilandia un "robot", ou sexa, un home mecánico. O boneco de Antelo andou polas rúas de Ferrol cunha firmeza e un apromo que causou asombro na cidade departamental. Unha evocación do robot de don Andrés paseándose entre as damiselas ferrolás que estrean romanticismo, ben merece unha glosa dunha pluma máis galana que a nosa neste tempo de hogaño en que a cibernética está de moda", acuñaba Borobó.
O Concello de Ferrol dedicoulle unha rúa no barrio de Esteiro e o seu nome figuraba na popa dun remolcador.
https://deferrolparaelmundo.blogspot.com/2018/05/andres-antelo-lamas-1774-1844-ingeniero.html