AgroHorta Silleda

Llamar Cómo llegar

AgroHorta Silleda Comercial dedicado a la venta de pienso, semillas, abonos, plantas, huerta....

29/10/2026

Que o frío non te colla de sorpresa! 🪵🔥

Xa temos dispoñibles os pellets de alta calidade:
✨ Alto poder calorífico e máxima eficiencia
✨ Sen residuos raros para protexer e coidar a túa estufa

Evita as carreiras de última hora e mantén a túa casa quentiña co mellor rendemento. Fai o teu pedido con antelación!

📞 629 01 95 22

26/10/2026

Non quedes sen os teus crisantemos para esta fin de semana! 🌸

Xa os temos dispoñibles en con moitísima variedade de cores e tamaños.
Fai a túa encarga con tempo e ven buscar as flores máis bonitas antes de que voen!

Pásate pola tenda ou escríbenos ou chámanos
📲 629 01 95 22
☎️ 986 58 03 76

22/10/2026

Asar castañas ten o seu truco... e a súa sartén! 🌰🔥

Se queres que queden ben tostadiñas por fóra e tenras por dentro, necesitas a sartén furada tradicional.

En Agro Horta Silleda xa as temos listas para que te prepares para a época de magostos!
Vén e faite coa túa antes que o teu veciñ@ 😋

20/10/2026

En AgroHorta Silleda contamos cunha ampla variedade de viños galegos (tintos e brancos), para todos os gustos e ocasións 🍷✨

Perfectos para acompañar unha comida, para o magosto ou para facer un bo agasallo!

E ti... es máis de viño tinto ou de branco? Déixanolo nos comentarios! 👇

15/10/2026

Se che toca desbrozar nesta época, protéxete ben.
Coa nosa careta de protección especial contra velutinas e impactos, traballarás con total tranquilidade 🐝🛡️

Lembra que túa seguridade é o máis importante!

13/10/2026

Prepara o teu equipamento para o monte e a chuvia! 🌧️🦌

En Agro Horta Silleda contamos con:
• Roupa especializada e antipinchos para caza
• Boas de auga cómodas, resistentes e impermeables

Non deixes que o mal tempo te pare!

📍Rúa República Argentina 7, Silleda
📞 629 01 95 22

10/10/2026

A maioría de xente entra en AgroHorta por unha cousa… e descobre que aquí temos moito máis do que pensaba 👀

Horta, animais, gandería, ferramentas, casa, produtos de tempada…
De todo, para todxs!

Queres que che ensinemos cada recuncho da nosa tenda a fondo? Séguenos e non perdas ningunha novidade!

08/10/2026

Aforra tempo e dor de cadrís coa nosa última novidade! 🌱⚙️

Coa nosa sementadora manual, conseguirás unha distribución uniforme de sementes, fertilizantes ou herba en segundos. Cómoda, lixeira e mooooi fácil de usar.

Pasa por Agro Horta e descubre como che podemos facer a vida máis fácil!

📍 Rúa República Argentina 7, Silleda
📞 629 01 95 22

02/10/2026

Non vendemos por vender:
escoitamos o que precisa a túa horta, o teu terreo, o teu gado ou as túas mascotas e recomendámosche xusto a opción ideal 🎯✨

Tes algunah dúbida? Pásate pola tenda e asesorámoste sen compromiso!

29/09/2026

O alimento perfecto para cada animal! 🐖🐔🐱

Traballamos con pensos Nudesa e temos a variedade exacta que precisan os teus animais (porcos, cabalos, galiñas poñedoras, polos de cebo, cans, gatos e máis). Porque a nutrición non é a mesma para todos!

Se tes dúbidas sobre cal escoller, pásate pola tenda ou escríbenos e asesorámoste sen compromiso.

📍 Rúa República Argentina, 7, Silleda
📞 986 58 03 76
WhatsApp: 629 01 95 22

Dirección

Rúa República Argentina, 7
Silleda
36540

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 09:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 09:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 09:30 - 14:00

Teléfono

+34986580376

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AgroHorta Silleda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Empresas De Ingeniería cercanos


Otros empresas de ingeniería en Silleda

Ver Todo